Liceo-Oliveirense, partidazo da Euroliga as 20 horas na TVG2
Chega a Euroliga a Riazor. O Deportivo Liceo recibe hoxe ao Oliveirense na segunda xornada da fase de grupos. Tras gañar en Italia na estrea continental, o equipo coruñés, que leva oito triunfos nos oito primeiros partidos da OK Liga, quere seguir de festa, pero iso sí. cos pés no chan, como dí o capitán David Torres. "Todo vai ben, pero ollo. Tampouco imos pensar que todo vai ser marabilloso todos os días. Nos queremos facer un gran partidio en Champions contra o Oliveirense. Punto"
O adestrador, Juan Copa, segue co traballo duro para afrontar un encontro dificilísimo, ante un Oliveirense cheo de estrelas e de ex liceístas importantes. "Veñen moitos campións do mundo con Portugal, incluso o corpo técnico. E veñen con Jordi Bargalló, con ex xogadores do Liceo. E tamén cun xogador que para mín é unha auténtica marabilla velo xogar, que é Marc Torra. Seguramente pode ser dos mellores do mundo. Polo tanto, mellor partido que éste é difícil velo na Coruña nestes tempos"
As oito, na TVG dúas, o mellor hockey desde o Pazo dos Deportes de Riazor.