CRTVG

Buscar

Libros que buscan unha segunda oportunidade

Publicado o 23/04/2021 21:16

Dicía Umberto Eco que o mundo está cheo de libros preciosos que ninguén le. Iso é o que lles ocorre a máis dun milleiro de exemplares da sección de literatura da Biblioteca pública de Ourense que nos úlitmos dez anos non foro pedidos en préstamo por ninguén. Para darlles unha segunda oportunidade deciron por en marcha a campaña Abril, mes dos libros esquecidos. Colócanos nun lugar visible, onde miren de fronte o lector e amósanos un chisco do que podemos atopar nas súas páxinas,  agardando que alguén os escolla para mergullarse na súa historia e os saque por fin ao mundo exterior.

Noticias web

23/04/2021