CRTVG

Buscar

Libros e artesanía, dous imprescindibles do verán coruñés

Publicado o 01/08/2021 15:12

A Feira do Libro fai cincuenta anos, medio século compartindo literatura e facilitando o encontro entre os escritores e os lectores, sempre fieis a esta cita imprescindible do verán coruñés. Neste edición, a mostra recupera as presentacións de libros, os contacontos e as sinaturas de obras. Participan 18 librerías e oito editoriais que traen as principais novidades do sector. 2020 foi o ano da pandemia e das grandes oportunidades lectoras. Durante os meses de confinamento a literatura gañou seguidores s e aumentou o tempo dedicado aos libros.

A Feira do Libro estará dez días nos xardíns de Méndez Núñez. A de artesanía durará todo o mes. Mostrart reúne este ano 73 obradoiros artesáns, case todos galegos.

Libros a artesanía son dous ineludibles das festas de María Pita, que tamén veñen cargadas de música co programa de concertos en María Pita e cunha versión reducida do Festival Noroeste.

Noticias web

01/08/2021