Libreiros da Coruña denuncian que sofren roubos a diario
Inseguros e nerviosos, así din sentirse os libreiros da Coruña por mor dunha importante vaga de roubos que están a sufrir desde hai xa varios meses, pero que cada vez van a máis. Mesmo un libreiro foi agredido.
Cren que os delincuentes pertencen a unha banda ben organizada e que os libros que rouban non son para ler eles, senón que hai alguén que llelos merca para vendelos en locais de segunda man.
Nunha libraría da rúa de Santo André comezaron a notar que lles faltaba unha importante cantidade de libros a finais de agosto. Primeiro pensaron que se trataba dun fallo informático, pero xa polo Nadal descubriron que a meirande parte das librarías da cidade estaban a sufrir asaltos todos os días... e así seguen.
Cren que se trata dun grupo organizado e din que algúns son agresivos. A Toño, un home trabouno nun dedo cando intentou recuperar os dous tomos que lle roubara.
Agora estudan presentar unha denuncia colectiva para que se abra unha investigación e poder descubrir a onde vai parar toda a mercadoría roubada.