CRTVG

Buscar

Liberdade provisional para os tres detidos por violar e reter unha muller en Barcelona

Publicado o 21/07/2019 10:18
Liberdade provisional para os tres detidos por violar e reter unha muller en Barcelona

O xulgado de Instrución 29 de Barcelona en funcións de garda acordou liberdade provisoria para os tres detidos, dous homes e unha muller, por unha presunta agresión sexual múltiple reiterada a unha muller nun escampado do barrio do Poblenou de Barcelona durante a pasada fin de semana. O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña informou nun comunicado de que os tres detidos tamén deberán comparecer semanalmente, retiróuselles o pasaporte e teñen prohibido saír do país. Os tres implicados foron postos a disposición xudicial este sábado, onde declararon: dous deles con axuda de tradutor, dous contestaron só a preguntas dos seus avogados e outro respondeu a todas as partes. A vítima tamén declarou con axuda de tradutor e a través da cámara de Gesel, e a súa declaración fíxose como proba preconstituida dado que ten residencia fóra de España. Esta última declarou que os agresores son catro, polo que hai dous que non foron detidos de momento, con diferente participación. As mostras de ADN non foron aínda nominalizadas, non hai identificación aínda, e dados os testemuños, a Fiscalía non pediu prisión. O xulgado de Instrución 29 inhibirase nos próximos días a instrución 8, e a causa continua aberta por agresión sexual e detención ilegal.

Noticias web

21/07/2019