CRTVG

Buscar

Liberdade sen cargos para o investigado polo dobre crime do Ceao

Publicado o 13/07/2021 18:35
Liberdade sen cargos para o investigado polo dobre crime do Ceao

O único investigado polo dobre crime do polígono do Ceao, Manuel Juan V. C., de 54 anos de idade, quedou en liberdade sen cargos despois de declarar ante a xuíza como investigado polos delitos de asasinato, roubo con violencia e tenencia ilícita de armas durante o roubo no  Cash Rércord do Ceao ocorrido en 1994.

A súa avogada relatou á saída que o investigado respondera a todas as preguntas que lle realizaron, mentres as familias das dúas vítimas deste suceso amosaban a súa indiganción pola posta en liberdade do único sospeitoso neste caso.