Liberdade provisional para os dous detidos pola presunta violación múltiple en Formentera
Publicado o 23/08/2021 21:50

Os dous detidos pola presunta violación múltiple dunha moza de 19 anos en Formentera quedaron en liberdade provisional despois de prestar declaración ante a xuíza que instrúe o caso.
Os dous homes son de nacionalidade marroquí. A xuíza retiroulles o pasaporte, prohíbelles saír de Eivisa e Formentera e ordenoulles comparecer periodicamente no xulgado. Ambos foron detidos o venres acusados de agresión sexual.
Un terceiro implicado está en busca e captura, xa que regresou a Marrocos antes da súa detención. Os feitos ocorreron o día 21 de xullo.