Liberdade para o detido en Lugo por ofrecer cartos a menores a cambio de favores sexuais

O Xulgado de Instrución Número 3 de Lugo, en funcións de garda, decretou liberdade para un home de 48 anos que fora detido na capital luguesa por ofrecer, presuntamente, diñeiro a menores a cambio de favores sexuais.
O home detido quedou en liberdade, segundo indican fontes xudiciais, tras pasar a disposición do xulgado e despois de que ningunha das partes pedira ou seu ingreso no cárcere.
Imputóuselle un delito de exhibicionismo e quedou en liberdade coa adopción de medida de afastamento.
A Policía Nacional detivo na tarde do mércores, arredor das cinco da tarde a un home, con antecedentes, por ofrecer diñeiro a menores a cambio de favores sexuais. Aconteceu na confluencia das rúas Ourense e Quiroga. Ao parecer, recibíronse varias chamadas na Comisaría Provincial que alertaban de que un home ofrecía cartos a menores a cambio de actos sexuais.
Un dos empregados dun comercio da zona relataba nunha desas chamadas que unha clienta lle indicara que un home estaba sentado nun barco dun parque e que ofrecía cartos a menores a cambio de favores sexuais. Noutra chamada recibida pola policía, unha muller narraba que un home lle acababa de ofrecer cartos ao seu fillo mentres realizaba "actos obscenos", nun parque fronte á súa casa.
Segundo as mesmas fontes, o home cansou, despois de varias advertencias da nai do menor dende a xanela da súa casa. Despois o home foi localizado e interceptado pola policía. Cando lle preguntaron por que estaba na vía pública, cando isto estaba prohibido polo estado de alarma, indicou que estaba "comendo". Detivérono por un delito de indución á prostitución de menores. Tras ser trasladado ás dependencias da Policía Nacional, foi posto a disposición da autoridade xudicial este xoves.