CRTVG

Buscar

En liberdade sen cargos o detido polo incendio da catedral de Nantes

Publicado o 20/07/2020 11:21

En liberdade sen cargos o home detido polo incendio da catedral de Nantes. O incendio causou importantes danos na catedral gótica da cidade e, segundo se sospeita, foi provocado. O fiscal de Nantes, Pierre Sennès, que abrira unha investigación por “incendio voluntario”, pediu prudencia e non sacar conclusións “precipitadas”.

Aínda que continúa investigándose a pista criminal, tampouco se descarta a accidentalidade.

O home agora posto en liberdade fora detido cando os bombeiros seguían apagando os últimos focos do incendio que ocasionou a destrución do órgano barroco do templo e tamén outros importantes danos.