CRTVG

Buscar

Deteñen un home en Noia por un presunto caso de violencia de xénero

Publicado o 06/08/2021 19:25
EFE

Un home de 32 anos foi detido en Noia este venres por un suposto caso de violencia de xénero, segundo informan fontes da investigación. A Garda Civil detívoo despois de que a parella o denunciara por agresións e ameazas. Todo apunta a que constaban denuncias previas, segundo as mesmas fontes.