CRTVG

Buscar

Liberan catro golfiños varados no porto de Taragoña, en Rianxo

Publicado o 22/07/2021 15:36
Liberan catro golfiños varados no porto de Taragoña, en Rianxo

Catro golfiños quedaron varados a pasada noite no porto de Taragoña, en Rianxo, baixo a ponte da AG-11. Foron rescatados por membros de Protección Civil e da Policía Local, que alertaron a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños da situación.

Tras comprobar o seu bo estado, foron liberados á última hora esta mañá en augas da ría. Os catro cruzaron a ría desde Palmeira á espera de que a marea alta facilite os seus movementos.
 

Noticias web

22/07/2021