CRTVG

Buscar

Liberan catro golfiños varados no porto de Taragoña

Publicado o 22/07/2021 17:46
Liberan catro golfiños varados no porto de Taragoña

Catro golfiños quedaron varados no porto de Taragoña, en Rianxo. Xusto baixo a ponte da autovía da Barbanza. Crese que se desorientaron e a baixada da marea deixounos atrapados nesa zona. Protección Civil e Policía Local conseguiron rescatalos e alertaron á Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños da situación. Tras comprobar o bo estado dos golfiños liberáronos na ría.

Noticias web

22/07/2021