CRTVG

Buscar

Liberan a un exdeputado opositor venezolano preso, tras o inicio do diálogo entre Goberno e oposición

Publicado o 16/08/2021 09:11

Venezuela libera o opositor Freddy Guevara, un dos máis estreitos colaboradores de Juan Guaidó. Faino dous días despois de comezar un proceso de negociación entre a oposición e o Goberno en México. Guevara levaba algo máis dun mes retido. A saída do centro no que estaba retido evitou confirmar se se vai incorporar á mesa de diálogo.


 

Noticias web

16/08/2021