Álex Llorca incorpórase ao Basquet Coruña
Publicado o 05/02/2020 21:42
Baloncesto. O Leyma Coruña reforzouse cun novo xogador, Álex Llorca.
Escolta con experiencia en ACB. As catro últimas temporadas estivo no Fuenlabrada. Antes, no Breogán, Lleida e Alacante. Ten trinta e un anos. Reforzo para o mellor equipo galego nestes momentos de Leb Ouro. Estaba sen equipo. Podería estrearse este domingo ante o Huesca.