CRTVG

Buscar

Álex Bergantiños: "Temos que sacar máis vitorias para estar máis arriba"

Publicado o 02/04/2019 18:30

A Liga entra na recta definitiva. O Deportivo ten 54 puntos. Álex Bergantiños ponlle cifras ao ascenso directo: "Nestes últimos anos sempre anda arredor dos setenta e cinco puntos. Iso é o que case todos os equipos calculan pola igualdade que hai. Poden ser setenta e sete, setenta e tres...".

Debería facer, xa que logo, arredor de vinte nos dez partidos que quedan. E para iso só hai un camiño: empatar menos e gañar máis: "Sacar máis vitorias das que fixemos de media ata agora para poder estar máis arriba. A clasificación e a categoría non enganan. Levamos todo o ano nos mesmos postos: terceiro, cuarto ou quinto. Coa media de puntos que temos danos para iso. Se queremos aspirar a máis temos que subila neste tramo final".

Números que, de momento, colocan o Deportivo nunha incerta promoción de ascenso. Bergantiños agarda que o fondo de armario deportivista impoña por fin a súa lei no apertado sprint final.

Noticias web

02/04/2019