Álex Bergantiños: "Noel transmite tranquilidade, e a loanza non o está a parar"
O gol de Noel non serviu para puntuar en Irún, pero a perla do Deportivo segue sumando estatísticas positivas. Para Álex Bergantiños o máis importante é que ten os pés no chan.
Bergantiños: "O que me ten tranquilo de Noel é a tranquilidade que transmite el. A loanza non o está a parar. Ten esa ambición de mellorar, aprender. Ten unha predisposición excepcional"
O capitán tamén está tranquilo co rendemento do equipo despois de tres partidos sen gañar. O liderado está a catro puntos.
Bergantiños: "Temos máis méritos que puntos a estas alturas, peros estamos cos de arriba e estou convencido de que ó final da temporada estaremos arriba na pelexa e con opcións seguras de conseguir o ascenso"
O Deportivo volve a Riazor este sábado contra o San Sebastián de los Reyes.