CRTVG

Buscar

"Levei as mans ao pescozo, míroas e vexo sangue. Non dás creto ao que ves"

Publicado o 24/12/2020 14:11

Puido ser unha traxedia, pero afortunadamente, o garda civil ferido no tiroteo desta fin de semana en Oleiros está xa felizmente recuperado das lesións provocadas por un dos disparos.

Aínda lle custa recordar os feitos. José Lagoa estaba de garda na madrugada deste sábado cando se complicou un operativo aberto por unha denuncia de violencia machista cun home atrincheirado na casa.

Tras comprobar que había luz no interior, José aproxímase á vivenda. A tranquilidade que lle transmitiron os compañeiros foi clave para manter a mente fría e concluir o operativo con éxito.

Non houbo tempo para desconectar. O sarxento Lagoa retomou o seu traballo diario e agora prepárase para vivir un Nadal, se cabe, máis especial coa súa familia.

Non se cansa de agradecer as mostras de cariño recibidas nestes días. Di que estivo en destinos complicados coma o Pais Vasco nos tempos de loita contra o terrorismo e ten claro que o seu é estar alí onde precisan do seu servizo.

Noticias web

24/12/2020