CRTVG

Buscar

Leve repunta de contaxios en Lugo detectados entre a mocidade

Publicado o 14/04/2021 14:18

Os contaxios entre a mocidade mudan a tendencia á baixa de novos casos na cidade de Lugo. O problema está nas xuntanzas.

Por iso a maioría prefire crear grupos burbulla de amigos. A pesar desta leve repunta, a situción da área sanitaria é estable. A incidencia acumulada a sete dias é de 36 casos por cada cen mil habitantes.

"De momento, o incremento está estabilizado, é moi pequeno, estamos nunha etapa de meseta", explica Ramón Ares, xerente da área sanitaria de Lugo, Monforte e A Mariña.

A área sanitaria contabilizaba doce novos positivos nas últimas horas. Hai sete persoas hospitalizadas, tres nas UCI.

Noticias web

14/04/2021