CRTVG

Buscar

Levántanse as restricións na Coruña

Publicado o 01/10/2020 08:38

Volven os cafés ás barras dos locais de hostalería da Agra do Orzán.

Os datos diarios avalan o descenso constante dos casos despois de semanas duras con limitacións nas ocupacións e nas reunións sociais.

O rápido diagnóstico da situación e os cribados son, como apuntan desde a área sanitaria, algunhas das claves para cortar a cadea de contaxios.

Os datos melloran pero veñen aínda meses complicados en que hai que seguir tomando medidas.

Máscaras, hixiene de mans e precaución nos contactos familiares completan as recomendacións para evitar contaxios.
 

Noticias web

01/10/2020