CRTVG

Buscar

Cinco anos co coche no déposito municipal e unha débeda acumulada de 29.000 euros

Publicado o 11/05/2021 14:33

Entre os coches que hai no depósito de vehículos retirados por infracción de trafico das rúas de Pontevedra hai un Opel Meriva, que leva dentro cinco anos e cen días. Neste tempo, o seu propietario efectuou recursos e demandas chegando ao Tribunal Superior de Xustiza. Perdeunos todos. E iso despois de pagar os cartos requiridos para poder levar o coche do depósito.

Manuel Omil, voceiro da Policía Local de Pontevedra: "E ao final duns quince ou dezaseis días esa persoa achégase ao parque. Aboa o traslado e os días que estivo o coche, concretamente 370 euros, pero encóntrase con que non ten as chaves. Por parte do parque hai un ofrecemento para trasladalo cunha plataforma ou que un mecánico se achegue ao lugar, para evitarlle maior gasto".

O dono o que fixo foi reclamar polas vías administrativa e xudicial para retirar o coche sen pagamento das taxas e mesmo pedindo unha indemnización de 12.000 euros. Rexeitáronllas todas. Tamén terá que pagar as custas do Superior de Xustiza e o coche segue no depósito e, en consecuencia, a factura segue crecendo.

Segundo Omil: "Esta débeda ten que parala de algún xeito, a prazos ou como sexa. Iso non entra dentro do cometido da policía. Pero, loxicamente, isto se non o para a débeda vai ir a máis día a día".

A estadía diaria por vehículo lixeiro custa uns quince euros, co que só de garaxe o coche en cuestión ten hoxe unha factura de case 29.000 euros. neste tempo. Iso si, en carburante e demais -incluída utilidade- o cómputo é cero.

Noticias web

11/05/2021