CRTVG

Buscar

Colocan letreiros na zona vella de Verín contra os propietarios de cans que non recollen os excrementos

Publicado o 23/03/2021 14:09

Letreiros contra os excrementos de cans sorprenderon aos verineses. Son obra dun veciño desta rúa da zona vella da vila que, ao igual que o resto dos seus veciños, pide aos donos de mascotas que recollan os seus excrementos, unha solicitude que fan deste xeito tan rechamante. 

Están encantados cos carteis que apareceron para facer visible as súas molestias cos excrementos, obra dun artista da vila. Letreiros que non gustaron moito a algúns donos de cans.

Os veciños afectados din que non é algo contra eles senón un chamamento á limpeza e ao civismo. Unhas mensaxes que parece que xurdiron efecto.

Noticias web

23/03/2021