CRTVG

Buscar

Lesmes defende en Bergondo a lexitimidade e neutralidade da xustiza española

Publicado o 21/09/2021 21:14

EFE/ Cabalar

EFE

O presidente do Tribunal Supremo (TS) e do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX), Carlos Lesmes, defendeu este martes en Bergondo o papel da Xustiza como "un mecanismo independente e neutral para a resolución dos conflitos". Ademais, lembrou que aos xuíces se lles debe recoñecer "lexitimidade para acatar e respectar as súas decisións" e engadiu que debe preservarse "a súa independencia" co obxecto de que o gremio poida actuar "con transparencia, proximidade e sentido do deber".

Con estas palabras, Lesmes inaugurou esta tarde en Galicia a Escola de verán do Poder Xudicial, que abordará ata o vindeiro venres a relación que existe entre o Camiño de Santiago e a Xustiza. O acto de apertura estivo presidido no Pazo de Mariñán polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín Formoso.

O presidente da Xunta de Galicia sinalou no seu discurso inaugural que "a Xustiza e o poder xudicial son o asidero de todos os que militamos na convivencia e, en especial, dos que ostentamos temporalmente responsabilidades políticas". 

 

Noticias web

21/09/2021