CRTVG

Buscar

Leroy Merlin contratará 2.000 persoas en toda España

Publicado o 29/05/2020 19:44
Leroy Merlin contratará 2.000 persoas en toda España

Leroy Merlin contratará 2.000 persoas durante a campaña de verán nas 132 tendas da compañía en España. Nos primeiros días da desescalada, a empresa viuse desbordada por longas ringleiras de clientes, e en vista de que esta situación poida continuar, decidiron reforzar o persoal. O obxectivo é ofrecer unha atención personalizada en xeral, incidindo especialmente no asesoramento de terrazas e xardíns, proxectos que aumentaron de xeito considerable tras a época de confinamento.

Noticias web

29/05/2020