CRTVG

Buscar

Leopoldo recibe a primeira vacina para maiores de 80

Publicado o 19/02/2021 12:34

Leopoldo Hernández Parente, de 83 anos, inmunizouse contra a covid-19 este venres no centro de saúde do Milladoiro, no concello de Ames. É a primeira persoa maior de 80 que, sen vivir nunha residencia, recibe a vacina en Galicia.

Unha vez posta esta primeira dose, animou a todo o mundo a inmunizarse. Tamén a súa irmá, Braulia Hernández Parente, que acudiu ao centro para vacinarse sen ocultar os seus temores iniciais.

Noticias web

19/02/2021