Leo Messi continúa no Barcelona
Publicado o 04/09/2020 18:06
•Afirma que "nunca iría a xuízo contra o club da miña vida"
O dianteiro do Barcelona Lionel Messi anunciou este venres, nunha entrevista a goal.com, que seguirá xogando no conxunto azulgrana a próxima tempada. "Xamais iría a xuízo contra o club da miña vida. Por iso voume quedar no Barcelona", manifestou o astro arxentino, quen confirmou así que cumprirá o ano que queda de contrato.