Lenta volta á normalidade de Madrid, tras o paso de Filomena
Coa capital cuberta aínda por un manto de xeo e neve, Madrid intenta recuperar pouco a pouco a normalidade, sen perder de vista a prudencia.
José Luís Ábalos, o ministro de transportes e mobilidade, di que "é recomendable restrinxir os movementos, agás en caso de necesidade urxente".
Xa hai un cento de liñas de bus urbano e periurbano operativas, e o metro continúa ofrecendo servizo as 24 horas. Os voos en Baraxas volven reprogramarse pouco a pouco. Este é o momento, gravado polo piloto, en que un avión aterra nunha pista rodeada pola neve.
Ademais do transporte e da subministración de alimentos, outra das prioridades é garantir o acceso ao sistema sanitario.
Enrique Ruiz Escudero, conselleiro de Sanidade de Madrid, di que "a actividade asistencial continúa, o problema da neve son os accesos, que os pacientes acudan aos hospitais, temos as caídas motivadas pola neve, pero despois hai que pensar que seguimos no medio dunha pandemia".
O concello de Madrid cifra en centos de millóns as perdas provocadas pola borrasca Filomena, e pedirá este xoves a declaración de zona catastrófica.