CRTVG

Buscar

Lendoiro: "Nin eran as formas nin o momento de apartar o Consello"

Publicado o 10/02/2021 21:09

O expresidente do Deportivo teme que os novos xestores non teñan o perfil adecuado para dirixir a un club de fútbol e ofrécese "para empuxar nun momento tan difícil"

Se hai unha voz autorizada no deportivismo é a de Lendoiro. E ó seu parecer a decisión de Abanca de cesar o presidente e o Consello foi desacertada: "Nin eran as formas nin o momento. O adestrador e os xogadores necesitan tranquilidade agora".

Lendoiro teme que os novos xestores non teñan o perfil para dirixir o Deportivo: "Non teñen experiencia no fútbol e isto vai máis alá dunha empresa máis".

Lendoiro propuxera formar parte dun consello de consenso, algo que non parece casar coa sociedade profesionalizada que quere Escotet, e máis coa revelación que fixo Fernando Vidal na súa despedida: "Á propiedade non lle gustaba a miña relación con Augusto, que comese con el".

Sobre esta declaración de Vidal, Lendoiro manifestou"Eu estou aberto a Escotet ou Couceiro para empuxar nun momento tan complicado".

Lendoiro envía apertas ao Consello saínte e desexalle sorte ao entrante, cunha dose de optimismo: "A ver se saímos entre todos. Está difícil pero estou convencido que se pode chegar".

Noticias web

10/02/2021