CRTVG

Buscar

Leiro rexistra a temperatura máxima de España e Fisterra, a mínima máis alta

Publicado o 29/03/2021 16:05

O concello de Leiro, en Ourense, rexistrou este domingo a temperatura máis alta de España: 29 graos. Porén, a madrugada foi moi diferente, cunha caída térmica brusca tanto no municipio coma en boa parte da provincia. Tamén a xornada está a ser algo máis fresca, con máximas arredor dos 25 graos.

Na costa norte, en Fisterra, non pasaron frío esta noite. A temperatura mínima quedou nos 20 graos, a máis alta de toda España, incluídas as illas Canarias.

Estes próximos días, a situación tende a recuperar a inestabilide propia da primavera, con nubes e claros ata o vindeiro xoves.

 

Noticias web

29/03/2021