Derrotas do Breogán, do Leyma e do Cob na Liga Leb
Lastrados polas perdas e o desacerto no tiro exterior Perdeu o Breogán na pista do Tau Castelló. Os rivais, liderados por Adala, completaron un gran partido.
O conxunto de Diego Epifanio só discutiu a primacía do choque no primeiro cuarto.
Despois foi a remolque. Malia os 19 puntos de Sollazzo, o líder, o Breogán sucumbiu por 16 diante dun rival directo.
Tamén caeu o Leyma Coruña na cancha do Granada.
Os coruñeses só foron mellores no segundo cuarto cando os francotiradores laranxas protagonizaron un parcial de 12-0
Despois a historia do partido foi nazarí. O conxunto de Sergio García perdeu finalmente por 9 puntos e complica a súa posición.
A mala noite do basquet galego completouna o COB en Xirona.
O equipo de Gonzalo García de Vitoira asinou dous partidos nun. Aceptable en ataque e deficiente en defensa.
A volta do descanso os cataláns mallaron sen parar no aro ourensán. A derrota por 12 puntos do COB sementa de dúbidas unha situación delicada na táboa para conseguir a salvación.