CRTVG

Buscar

Laza xa se confina antes de que entren en vigor as restricións máximas

Publicado o 02/05/2021 21:15

Laza pasa esta medianoite ao nivel máximo de restricións. De non ter ningún caso, roza agora os mil contaxios por 100.000 habitantes. Unha situación que levou os bares a pechar xa o xoves voluntariamente e os veciños, asustados, a confinarse nas súas casas.

Baleiro e moito silencio xa hoxe nas rúas de Laza.

Segundo os últimos datos do Sergas, hoxe hai once persoas coa infección activa en Laza, pero os veciños sospeitan que poden ser moitos máis.

Con este panorama, os bares do concello decidiron pechar pola súa conta xa antes de que entren en vigor esta media noite as restricións máximas que os obriga.

400 veciños están citados para acudir mañá ao pavillón muncipal para facer unha PCR que detecte persoas asintomáticas que poidan estar espallando o virus.