CRTVG

Buscar

Laya: "O ruído é contar os segundos de cronómetro" do encontro de Sánchez con Biden

Publicado o 15/06/2021 15:13

Para a ministra de Exteriores, o encontro de onte en Bruxelas entre o presidente español e o estadounidense reflicte a boa sintonía entre os dous países.

Nunha entrevista radiofónica, Arancha González Laya asegurou que "foi unha primeira toma de contacto, e haberá máis no futuro". Tamén desvelou que os dous presidentes chegaron a falar fóra das cámaras, antes da foto de familia, e critica os que só contan os segundos.

"O ruído é contar os milímetros, os metros, os segundos de cronómetro, dun contacto entre moitos outros que tiveron lugar", apuntou a ministra.

Noticias web

15/06/2021