CRTVG

Buscar

Laya di que "a irresponsabildade de Madrid penaliza a España" e Ayuso pide non criminalizar os madrileños

Publicado o 12/05/2021 16:51

Na sesión de control ao Goberno peguntáronlle á ministra de Exteriores pola decisión do Reino Unido de excluír España da lista de países seguros para viaxar. Agora mesmo, a incidencia en España está á baixa, con menos de 5.000 contaxios novos. Con todo, a ministra de Exteriores responsabilizou da decisión británica a Madrid: polos datos e polo discurso de Ayuso, que xa lle respondeu. Pide que se deixe de criminalizar os madrileños e anuncia unha comisión de investigación sobre o impacto de Baraxas na pandemia.

 

Noticias web

12/05/2021