CRTVG

Buscar

Beliauskas: "O Obradoiro precisa recuperar confianza"

Publicado o 12/03/2021 14:14

Laurynas Beliauskas asinou dez puntos na última cita ligueira contra Baskonia e o lituano recupera sensacións co aro que necesita todo o equipo.

Laurynas Beliauskas, Monbus Obradoiro: "Precisamos recuperar confianza, seguir lanzando e seguro que algún deses lanzamentos entra no aro. Así de sinxelo"

Obradoiro afronta un choque moi importante en Badalona contra o Joventud, e co obxectivo urxente de cortar de raíz unha racha negativa e preocupante. Os santiagueses só gañaron dous dos últimos quince partidos disputados.

Laurynas Beliauskas, Monbus Obradoiro: "Sintome optimista, estamos a mellorar cada semana mesmo trala corententa e a Covid, creo que agora temos mellores opcións para gañar".

As lesións e o xogo errático das últimas xornadas levaron o Obradoiro a cinco derrotas consecutivas, unha dinámica difícil de soster.

Noticias web

12/03/2021