CRTVG

Buscar

Laureano Bermejo, exsecretario de organización de Ciudadanos en Galicia, deixa o partido

Publicado o 13/05/2021 20:46

Nova baixa en Ciudadanos. Laureano Bermejo, o que fora secretario de organización de Ciudadanos en Galicia, anunciou hoxe nas súas redes sociais que abandona o partido laranxa. Causa baixa como afiliado e como membro electo do Consello Xeral. Di que o fai, non porque cambiara el se non pola deriva de Ciudadanos que pasou, di no seu escrito, de ser un proxecto ilusionante a ser unha muleta de Pedro Sánchez. Laureano Bermejo seguirá iso si como concelleiro en Ourense, pasará ao grupo de non adscritos.

Noticias web

13/05/2021