Lara Méndez resta importancia ás críticas a Caballero do seu concelleiro de Medio Ambiente
Publicado o 27/12/2019 15:22
Ata o mes de xuño Álvaro Santos foi o secretario provincial do PSdeG en Lugo, cargo do que dimitiu, e agora é edil de Medio Ambiente no Concello de Lugo, gobernado pola socialista Lara Méndez.
Por iso cobraron especial relevancia as declaracións que fixo onte sobre o líder dos sociailstas galegos.
O ex-secretario provincial tamén destacou que non houbo unha reflexión nos órganos sociais sobre a perda do 14% dos votos que se deu en Lugo entre as eleccións de abril e as de novembro.
Esta mañá a alcaldesa de Lugo restoulles importancia a estas declaracións.
O Partido Socialista fixo público un comunicado asegurando que si que hai proxecto, votos e que Caballero será o próximo presidente.