CRTVG

Buscar

Lara Méndez nega desavinzas entre os candidatos socialistas a presidir a Deputación de Lugo

Publicado o 07/06/2019 15:57

Na Deputación de Lugo hai pulso entre dous candidatos socialistas para presidila. Darío Campos tenta repetir no cargo, pero tras el postulouse tamén José Tomé, elixido con maioría absoluta en Monforte. Con todo, os socialistas negan desavinzas e sinalan que seguirán os procesos establecidos nos seus estatutos.

"As tensións propias de calquera proceso cando se abren os procesos internos do noso partido. O Partido Socialista está acostumado a que cando hai algún proceso de eleccións poden concorrer varios candidatos ou candidatas e asumímolo con total normalidade", sinala Lara Méndez, alcaldesa en funcións de Lugo.

Noticias web

07/06/2019