Lara Méndez: "Con Rubén Arroxo (BNG) puxemos enriba da mesa os puntos en común, as cousas que nos preocupan"
No Bos Días, entrevista con Lara Méndez, alcaldesa en funcións da cidade de Lugo, do PSdG-PSOE, para analizar os resultados das elección municipais no concello de Lugo.
Lara Mendez e a comisión negociadora comezaron onte as conversas con outros grupos para buscar unha maioría que lle permita acceder de novo a alcaldía. A socialista Lara Méndez ten oito concelleiros e se pacta co BNG, que ten 5, terían maioría absoluta. A froza política máis votada no concello de Lugo é o partido popular con dez concelleiros.
"Quero destacar o ambiente cordial e con ganas de chegar a acordos para planificar os próximos catro anos para a cidade". "Con Rubén Arroxo (BNG) puxemos enriba da mesa os puntos en común, as cousas que nos preocupan as duas formacións políticase, accesibilidade, mobilidade, desenvolvemento sostible, unha cidade verde e potenciación das riquezas de Lugo; avanzamos nas liñas xerais para despois concretar máis polo miudo."
O luns retoman as conversa os socialistas de Lugo e o BNG para falar das áreas de goberno. Lara Méndez agarda chegar a un acordo a semana que vén.