CRTVG

Buscar

Lara Balseiro do Burela confirma no Luar que o Campionato de Europa xogarase en Lugo

Publicado o 23/10/2021 13:54

No fútbol sala, onte coñecemos unha noticia importante, que as protagonistas se encargaron de contar no programa Luar, desta casa.

Unha delegación de tres xogadoras do Pescados Rubén Burela, Jozi Oliveira, Lara Balseiro e Elena García Martos estiveron no plató e aproveitaron para vestir de laranxa ao presentador Xosé Ramón Gayoso, que exhibiu con orgullo as cores do elixido como mellor equipo do mundo.

E anunciaron que terán ocasión de demostralo axiña, no mes de decembro, no campionato de Europa en Lugo.

Noticias web

23/10/2021