Laporta fala por fin da Superliga: "Mantemos que é absolutamente necesaria"
Publicado o 22/04/2021 20:52
O Fútbol Club Barcelona mantense firme no seu apoio á Superliga, aínda que pide abrir unha análise por se houbese que reformular o proxecto. Así o manifesta nun comunicado oficial feito público esta tarde, en que valora o acerto de participar na fundación da Superliga. Non estar, asegura, sería un erro histórico.
A directiva do Barça aceptou entrar como promotores con carácter de máxima urxencia. Critica a presión feita pola Uefa e a Fifa e supedita a decisión final ao que digan os socios. Nese senso expresouse tamén Joan Laporta, a quen por fin escoitamos hoxe falar da polémica Superliga.