CRTVG

Buscar

Laporta di que renovar a Messi poría en perigo o futuro do Barcelona

Publicado o 06/08/2021 11:34

O presidente do F. C. Barcelona, Joan Laporta, admitiu este venres que a renovación de Lionel Messi poría en risco o futuro da entidade, motivo polo que finalmente o astro arxentino non seguirá no conxunto azulgrá.

"Lamentablemente, recibimos unha herdanza nefasta, cunha masa salarial deportiva que representa o 110 por cento respecto dos ingresos totais do club. Facer un investimento do volume que supuña o contrato de Messi comportaba certos riscos, e non queremos pór máis en risco ao club", recoñeceu. 

Noticias web

06/08/2021