CRTVG

Buscar

Laia Marsal, que axudou dende Sitges unha activista a saír de Afganistán, pide maior axilidade administrativa

Publicado o 01/09/2021 10:46

Nilofar Ayoubi é unha activista afgá que agora esta a salvo en Polonia, pero teme pola seguridade dos seus.

"A situación en Afganistan non imaxinan o dura que vai ser para sobrevivir. Nós estamos agora a salvo en Polonia, pero a miña xente están moi asustada e viven escondidos, sen poder saír fóra, a súa vida é un inferno, non poden ter unha vida normal. Moitas persoas foron secuestradas das súas casa e executadas e a situación é moi tensa".

Para a evacuación de Nilofar, o papel doutra muller foi fundamental, o de Laia Marsal, unha veciña de Sitges, en Barcelona. que respondeu a unha mensaxe de peticion de axuda de Nilofar nas rede cun simple "como te podo axudar?".

"Fixémonos amigas, puxémonos en contactos cos medios de comunicacion e asesoreime para axudala a cubrir formularios para entrar nas listas de evacuación", explica Marsal. "Foron tres noites sen durmir tras dous intentos frustrados por saír do aeroporto de Cabul", explica. "Recibía mensaxes de talibáns de que ían lapidala".

"Nilofar é a primeira muller que montou unha empresa en Afganistán e parte dos beneficios eran para axudar as nenas a estudar", comenta Marsal. 

"A súa familia quedou fóra da repatriación por cuestións de papelame", sinala. "Precisan unha solución urxente, axilidade administrativa", clama. 

 

 

 

 

 

Noticias web

01/09/2021