CRTVG

Buscar

Labregos e viticultores piden a declaración de zona catastrófica para Chantada polos danos das sarabiadas

Publicado o 18/06/2021 13:52

Labregos e viticultores piden a declaración de zona catastrófica para Chantada polo danos causados polas sarabiadas caídas esta semana no concello lugués. O pedrazo arrasou 60 hectáreas de vides só na parroquia de San Fiz, pero tamén estragou as plantacións de millo, patacas e as hortas.

Nin os máis vellos do lugar lembran unha sarabiada como a caída este mércores na parroqua chantadina de San Fiz, tanto polo tamaño das pedras como pola duración da treboada, uns 25 minutos. Os danos son cuantiosos e afectan a todo o sementado para o ano, tanto para consumo dos 200 veciños da parroquia como para os animais.

A sarabiada levou por diante 60 hectáreas de viñedos, que deberán ser saneadas ou replantadas, condicionando a produtividade das futuras colleitas. A Federación Rural Galega e o Sindicato Labrego Galego pediron xa a declaración de zona catastrófica para as zonas afectadas polas sarabiadas neste concello lugués.

Noticias web

18/06/2021