CRTVG

Buscar

'La felicidad de los perros', vencedora do Festival Primavera do Cine de Vigo

Publicado o 06/05/2019 13:09

A oitava edición do Festival Primavera do Cine de Vigo apostou no seu palmarés polo cinema social premiando o filme galego La felicidad de los perros, de David Hernández.

A crise social, a crise laboral, a crise vital... O Primavera do Cine albiscou que a vida de César representaba o espírito loitador e inconformista desta oitava edición. Os premios do xurado e do público foron para La felicidad de los perros, de David Hernández, a historia en branco e negro dun home que chega aos corenta sen traballo e na busca dunha saída para unha situación insostible.

A mellor curta galega foi para Beautiful Boy, de Fran X. Rodríguez, coa crise do paso do tempo na evolución do acontecido, mentres que o mellor videoclip foi De bruma e salitre, do grupo Mileth e dirixido por Xaime Miranda.

O Primavera do cine atende o cinema galego e o de caracter lusófono premiando a longametraxe Alva, de Ico Costa, ou concedendo unha mención especial do xurado ao Deslembro, de Flavia Castro. Para o público, o mellor filme lusófono resultou ser Chuva é cantoria na aldeia dos mortos, de João Salaviza e Renée Nader.

Noticias web

06/05/2019