CRTVG

Buscar

Kristen Stewart será Diana de Gales nun filme que se estreará no 24 aniversario da morte da princesa

Publicado o 31/08/2021 22:28
Kristen Stewart será Diana de Gales nun filme que se estreará no 24 aniversario da morte da princesa

Hoxe fai 24 anos da morte de Diana de Gales. O Festival de Cine de Venecia, que comeza este mércores, verá a estrea dunha nova película sobre a súa vida. Titúlase Spencer e está dirixida polo chileno Pablo Larraín.

A acción desenvólvese durante tres días, nas vacacións de Nadal do ano 91, cando Diana decide romper o seu matrimonio co príncipe Carlos. A parella anunciaría a súa separación un ano máis tarde. A película chegará aos cines o 5 de novembro en Inglaterra e nos Estados Unidos.

Noticias web

31/08/2021