CRTVG

Buscar

Koné chega á Coruña con gañas de aportar goles

Publicado o 23/07/2019 17:07

Mamadou Koné era un vello obxectivo de Carmelo del Pozo. Koné chega cedido polo Leganés. O marfileño ten 27 anos; nas últimas temporadas faltoulle continuidade, pero no Deportivo confían en que este poida ser o seu ano. O listón está alto. Deberá facer esquecer a Quique González e a Carlos Fernández. O dianteiro vén con gañas de asinar un bo ano goleador tras unhas temporadas de números discretos.

Del Pozo condiciona novas chegadas ás saídas. Recoñece a prioridade é un lateral esquerdo, mentres Rolan, Juanfran e Cartabia agardan que se concreten ofertas.

Noticias web

23/07/2019