CRTVG

Buscar

Koeman continuará sendo o adestrador do Barcelona a próxima temporada

Publicado o 03/06/2021 21:41

Esta tarde resolveuse unha das incógnitas que intrigaban o barcelonismo. Ronald Koeman continuará sendo o adestrador a próxima temporada.

Así o anunciou o propio Joan Laporta, tras unha reunión da xunta directiva. Koeman segue o ano que lle queda de contrato. Non se lle vi tocar o salario. A súa renovación posterior dependerá dos éxitos da vindeira campaña. Logo de semanas de negociación directa co adestrador, e un período de reflexión que se deron as partes, di Laporta que houbo unidade de criterios para mantelo.

Noticias web

03/06/2021