Kevin Vázquez volveu responder á confianza de Eduardo Coudet
Publicado o 27/04/2021 15:00
Non é Coudet un adestrador dado a personalizar, pero co nigranés non é a primeira vez que fai unha excepción. Un exemplo dentro e fóra do campo, dos que nunca se arredan.
Futbolista atípico, universitario. Saltou do filial ao primeiro equipo con 26 anos, co reto de disputarlle o posto a Hugo Mallo. O gran rendemento do capitán e unha lesión fixeron que esta temporada só xogase en tres partidos. Pero tamén dende o banco, Kevin é dos que sempre suman. E co aprobado no peto, aspira subir nota. Kevin seguirá cumprindo cando lle toque.