CRTVG

Buscar

Kevin Vázquez: "Queremos gañarlle ao Real Madrid e seguir mirando para arriba"

Publicado o 15/03/2021 21:25

O empate ante o Athlétic ten distinta lectura se a aspiración é a permanencia ou xogar en Europa. O Celta conta con 34 puntos, a dúas vitorias da permanencia virtual dos 40 puntos e quedan aínda 11 xornadas. Para salvar a categoría sumar xa é positivo e o discurso de Coudet vai nesa liña.

Coudet: "Corremos co mesmo motor que levabamos cando eramos últimos. A carreira saíu ben, pero o motor é o mesmo. Temos que seguir co obxectivo principal". 

Os xogadores, en cambio, queren mirar para arriba. Tamén Kevin Vázquez, que tivo unha reaparición feliz no lateral dereito despois de sufrir oito meses lesionado.

Kevin Vázquez: "Hai que darlle importancia ao punto, o traballo que ten de fondo. Queremos seguir sumando e o sábado gañarlle aquí ao Madrid e seguir mirando para arriba".

O Celta recunca en Balaídos contra o Real Madrid, sempre un bo escaparate para xogadores con proxección como Renato Tapia. Fixo un traballo defensivo impecable contra os vascos desexa máis claridade no ataque.

Renato Tapia: "Haberá que axustar algunhas cousas para ser un pouco máis letais e marcar goles na casa".

Iago Aspas segue sen ver porta, desde que se lesionara precisamente contra o Real Madrid. O positivo é que o Celta volveu deixar a porta a cero despois de seis xornadas encaixando.

Noticias web

15/03/2021