CRTVG

Buscar

Keko é a sexta fichaxe do Deportivo

Publicado o 31/01/2020 21:20

 Peche de mercado frenético para o Deportivo. Ficharon o extremo Keko Gontán, procedente do Málaga. Asinaría ata xuño de 2022. Os que marchan son Lampropoulos, cedido ao Bochum da Segunda alemá; Longo (o Dépor cancela a súa cesión); Koke Vegas, que volve ao Levante; e Borja Galán, que vai cedido ao Rácing de Cristóbal.

Noticias web

31/01/2020