CRTVG

Buscar

Kamala Harris a primeira vicepresidenta dos Estados Unidos

Publicado o 07/11/2020 21:24

Trump fai historia ao non reeditar o mandato. E outra que fai historia é Kamala Harris, que hoxe compartiu nas redes sociais a súa conversa con Biden nada máis coñecer a vitoria.

A senadora, de 56 anos e filla de inmigrantes, converterase o 20 de xaneiro na primeira muller que ocupa a vicepresidencia dos Estados Unidos. Racha co triplo teito de cristal do que falaban estas últimas semanas moitos medios norteamericanos: vicepresidenta, muller e negra. Ela é a presidenta nas sombras. Biden dixo en varias ocasións que as súas aspiracións políticas non van máis alá dun mandato; isto deixaría o camiño despexado para unha posible candidatura de Harris en catro anos.
 

Noticias web

07/11/2020